Xavier Vence Deza

Xavier Vence Deza é catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.
É o coordinador do Grupo de investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento)  na USC. 
Coordina o Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación
Membro da executiva da AECR (Asociación Española de Ciencia Regional) e da directiva da SEM (Sociedade de Economía Mundial)
Os seus temas de investigación céntranse na Economía da innovación, Políticas de innovación, Sistemas rexionais de innovación, Crecemento, Desenvolvemento económico, Desigualdade, Globalización e Neoliberalismo.
Ao longo da súa traxectoria profesional participou como investigador principal en varios proxectos de investigación europeos, estatais e galegos. 
Coordina a Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Setores Innovadores).
É membro do Consello de Redacción da revista A Trabe de Ouro. Membro do Consello científico da Revista Galega de Economía e da Revista Principios.
Colaborador habitual da revista Tempos Novos e noutros medios. Participa todos os martes no "faladoiro" do programa Galicia por diante da Radio Galega. Colaborou semanalmente no Xornal de Galicia desde o seu lanzamento até a súa desaparición.

Entre os libros publicados destacan: 
Capitalismo e desemprego en Galicia (Xerais,1986),
Economía de la Innovación y del cambio tecnológico (Siglo XXI, 1995),
Wealth from diversity (Kluwer, 1996),
Industria e Innovación (Xerais, 1998),
Política tecnológica comunitaria y cohesión regional (Civitas, 1998),
Unión Europea y Crisis del Estado de Bienestar (Síntesis, 1998),
O fracaso neoliberal en Galiza (2005),
Salarios e custo da vida (2005),
Crecimiento y políticas de innovación (2007),
Demanda de solo productivo en Galiza (2007),
A situación actual do sistema galego de innovación Informe 2007.
CRISE e RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL. AS ALTERNATIVAS SILENCIADAS. Edicións Laiovento (2011).
Tamén merece a pena destacar a súa colaboración, entre outros, nos libros colectivos seguintes: 
L’emploi en Espagne (1991),  Informe sobre a pobreza en Galicia (Xunta, 1995), Innovations, Territoires et politiques publiques (L’Harmatan, 1996), Integration and global corporate strategies (Routledge, 2001), Galicia. Unha luz no Atlántico (Xerais, 2002), Tempos de Sermos (U. Vigo, 2003), Sistemas Regionales de Innovación (UPV, 2001), Innovación en la sociedad del conocimiento (2005), Radiografía de la investigación pública en España (2006), Tecnología, conocimiento y territorio (2006). "I+D, innovación e educación superior en tempos de crise" en Informe Galicia  2010; "La investigación universitaria frente al corsé de las patentes, la mercantilización del conocimiento y la empresa privada" en Construir el futuro de la Universidad Pública (2010);  "Global and nacional cooperation in service innovation" in The Handbook of Innovation and Services(2010); "O nacionalismo e a Unión Europea" en A ollada exterior do nacionalismo galego (2011); "O Atraso na perspectiva da soberanía" en A beira de Beiras. Ensaios (2011).
Ven de sair: CRISE e RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL. AS ALTERNATIVAS SILENCIADAS. Edicións Laiovento.

Ten varias dúcias de artigos en revistas científicas españolas e internacionais sobre estes temas.